|
Benqueridos amigos: Mándovos esta noticia por se fora do voso interés. Un cordial saúdo. Juan. Do 16 ao 30 de novembro de 2009, no Barco de Valdeorras, na SALA DE EXPOSICIÓNS DE CAIXANOVA, hai unha moi boa exposición de fotos sobre o Camiño de Santiago. Horario de 19:00 a 21:00. EXPOSICIÓN: “CAMIÑO, FOTO E PALABRA” O Camiño de Santiago é un camiño exterior e interior. Pés, corazón e alma. A compañía, a soidade, a música, o silencio, o frío, a calor, a auga, a sede, a fame, a fartura, a dor, a ledicia, a sombra, a luz, os soños, as pedras, o lusco fusco, o amencer, as caricias do vento, o arrecendo da lúa chea... no Camiño cada momento é diferente. Pero vívense todos con intensidade. Alí hai tempo para rir e para chorar, para morrer e para renacer, para sementar soños e para velos medrar... Para mirar, para escoitar, para falar... E para estar calados, en silencio, aprendendo a convivir con un mesmo. A foto, a palabra, e sobre todo o latido que non se ve na foto e o silencio que non se reflexa na palabra... todos forman parte do Camiño... O Camiño, como a vida, é tamén un tobogán de estrelas e soños, de olladas e abrazos, de encontros e despedidas... Por iso remato cunha frase que me escribiu en maorí Bárbara, unha muller de Nova Zelanda: "Haere mae, haere ra, kia ora". Dito en castelán: "Nos encontramos, nos saludamos, nos decimos adios”. E en galego: “Atopámonos, saudámonos, despedímonos”. Máis información en www.galicias.com
Host: 80.39.235.28
|
|